Introdución

Preséntase información co obxectivo de expoñer como os asuntos nesta materia teñen presenza nos órganos xudiciais, así como a relación que liga agresores e vítimas e a natureza das infraccións penais que son obxecto dos procedementos.

Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida

Generar informe a medida
Metodoloxía

1.Temática:
Información sectorial.

2.Indicadores:
- Cualificacións: infórmase sobre os procedementos, sobre as cualificacións que neles formula o Ministerio Fiscal e mais sobre as sentenzas que se pronuncian. Dentro dos tipos de procedementos distínguese entre aqueles que albergan unha fase de investigación e aqueles que acollen a de axuizamento. Dáse conta das cualificacións que formula o Ministerio Fiscal e mais das sentenzas que se pronunciaron, distinguindo entre absolutorias e condenatorias, e dentro destas segundas exponse se se chegou a elas por conformidade ou non.
- Sentenzas: infórmase sobre os procedementos, sobre as cualificacións que neles formula o Ministerio Fiscal e mais sobre as sentenzas que se pronuncian. Dentro dos tipos de procedementos distínguese entre aqueles que albergan unha fase de investigación e aqueles que acollen a de axuizamento. Dáse conta das cualificacións que formula o Ministerio Fiscal e mais das sentenzas que se pronunciaron, distinguindo entre absolutorias e condenatorias, e dentro destas segundas exponse se se chegou a elas por conformidade ou non.
- Natureza da infracción penal: as infraccións cometidas agrúpanse en atención a delitos concretos. Dentro de cada un deles pódese observar como están presentes nas cualificacións formuladas polo Ministerio Fiscal e mais nas sentenzas que se profiren; nestas, á súa vez, distínguese entre as sentenzas condenatorias por conformidade ou sen conformidade.

3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.

4.Organismos de aplicación:
Fiscalía.

5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde 2018.

6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade anual.

7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a normativa técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no ámbito da Administración de xustiza).

8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición de series temporais nin métodos similares.

9.Fonte:
Os datos obtéñense da Fiscalía Xeral do Estado.

Esta páxina foi útil?

Díganos a súa satisfacción en función da súa experiencia navegando pola nosa páxina.