Discapacidade e maiores
O Ministerio Fiscal ten unha relevante iniciativa respecto ao colectivo de persoas que precisan medidas de apoio en atención á discapacidade que lles afecta. A información reflicte o número de dilixencias de Fiscalía que, como procedemento interno desta, abordan a análise da problemática das ditas persoas con carácter previo a, eventualmente, acudir a un órgano xudicial para solicitar a adopción de medidas. O segundo bloque de información refírese aos supostos en que a Fiscalía xudicializa estes asuntos a través da presentación das oportunas demandas e mais ás sentenzas que se profiren nos procedementos instados pola Fiscalía.
Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida
Generar informe a medida
1.Temática:
Información sectorial.
2.Indicadores:
- Escritos iniciadores MF: agrupa as seguintes medidas:
·
Demandas de medidas de apoio LEC: no caso de que a persoa con
discapacidade, ou outro interesado ou o Ministerio Fiscal opóñanse a
que se acorde calquera medida de apoio á a súa capacidade, o
expediente de xurisdición voluntaria deberá arquivarse e deberá
formularse unha demanda de xuízo verbal para acordala. O Fiscal pode
interpoñer esta demanda xudicial.
· Solicitudes de medidas de
apoio LJV: o fiscal pode iniciar un procedemento de xurisdición
voluntaria para solicitar unha medida xudicial de apoio para unha
persoa (curatela ou defensor xudicial). Unha medida de apoio pódese
acordar para axudar a unha persoa que teña dificultades para auto
gobernarse, para decidir e actuar sobre os distintos aspectos da súa
vida.
- Resolucións xudiciais: agrupa as seguintes medidas:
· Sentenzas: son as resolucións xudiciais ditadas no procedemento
contencioso presentado polo fiscal para solicitar unha medida xudicial
de apoio para unha persoa.
· Autos: son as resolucións
xudiciais ditadas no procedemento de xurisdición voluntaria presentado
polo fiscal para solicitar unha medida xudicial de apoio para unha
persoa.
- Procedementos Xudiciais: total de procedementos que ha
particidado/ditaminado o fiscal.
- Dilixencias preprocesuais: o
Fiscal documenta a actividade que desenvolve no ámbito civil por medio
de dilixencias preprocesales que finalizan por medio de decreto.
Nestas dilixencias o Fiscal realiza as investigacións necesarias para
decidir sobre a necesidade de apoio a unha persoa con discapacidade;
situacións de urxencia ou risco de desprotección para unha persoa con
discapacidade ou maior; a adecuación da situación dos centros de
internamento e o respecto aos dereitos das persoas ingresadas tanto en
unidades e centros psiquiátricos, como en centros residenciais e
sociosanitarios de persoas maiores ou con discapacidade. E finalmente,
tamén son o leito da supervisión dos patrimonios protexidos.
-
Visitas: visitas presenciais e videochamadas levadas a cabo polos
fiscais para supervisar o respecto aos dereitos das persoas que se
atopan ingresadas sen o seu consentimento en centros de internamento
psiquiátrico, a situación das persoas residentes en centros
socio-sanitarios e residenciais de persoas maiores e/o con discapacidade.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse
datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.
4.Organismos de aplicación:
Fiscalía.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde 2018.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade anual.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a normativa
técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no
ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Os datos obtéñense da Fiscalía Xeral do Estado.