Seguridade e saúde no traballo
A información xira arredor dos procedementos xudiciais e dilixencias de investigación fiscais que dan cabida a estas materias. Neste sentido, como actividade propia da Fiscalía, infórmase sobre os escritos de cualificación formulados polo Ministerio Fiscal e sobre as comunicacións acerca de accidentes laborais recibidas das autoridades administrativas; e como actividade xudicial, sobre as resolucións de arquivamento acordadas en fase de instrución e mais sobre as sentenzas pronunciadas polos xulgados do penal.
Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida
Generar informe a medida
1.Temática:
Información sectorial.
2.Indicadores:
- Dilixencias previas incoadas: faise referencia aos delitos que
son obxecto delas.
- Dilixencias de investigación incoadas:
procedemento netamente fiscal, infórmase sobre a xestión desas
dilixencias; concretamente, sobre a súa incoación e trámite, con
concreta referencia á decisión de arquivamento ou xudicialización e a
súa pendencia.
- Escritos de acusación: infórmase acerca dos
escritos de cualificación formulados polo Ministerio Fiscal e das
comunicacións sobre accidentes mortais recibidas das autoridades
administrativas.
- Peticións de sobresemento: infórmase acerca dos
escritos de cualificación formulados polo Ministerio Fiscal e das
comunicacións sobre accidentes mortais recibidas das autoridades
administrativas.
- Sentenzas: infórmase sobre as resolucións de
arquivamento acordadas en fase de instrución e sobre as sentenzas
pronunciadas polos xulgados do penal.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse
datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.
4.Organismos de aplicación:
Fiscalía.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde 2018.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade anual.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a normativa
técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no
ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Os datos obtéñense da Fiscalía Xeral do Estado.