Expedientes enviados
O Servizo electrónico de microempresas (SEM) está previsto na disposición adicional cuarta da Lei 16/2022, do 5 de setembro, de reforma do texto refundido da Lei concursal, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, para a transposición da Directiva (UE) 2019/1023 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, sobre marcos de reestruturación preventiva, exoneración de débedas e inhabilitacións, e sobre medidas para aumentar a eficiencia dos procedementos de reestruturación, insolvencia e exoneración de débedas, e pola que se modifica a Directiva (UE) 2017/1132, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre determinados aspectos do dereito de sociedades (Directiva sobre reestruturación e insolvencia).
O Servizo electrónico de microempresas (SEM) é unha plataforma destinada a facilitar e axilizar a presentación dos formularios do procedemento especial para microempresas, regulado no libro III do Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei concursal, e permite a cubrición e envío aos órganos xudiciais dos formularios previstos para o procedemento especial, tanto de iniciación coma de trámite, establecidos pola lei.
1.Temática:
Información sectorial.
2.Indicadores:
- Expedientes: total de expedientes enviados asociados a un
formulario iniciador.
- Expedientes - Persoa física: total de
expedientes xerados polo envío dun formulario iniciador presentado por
unha persoa física.
- Activos: suma do valor total dos activos
identificados nos expedientes xerados polo envío de, cando menos, un
formulario iniciador.
- Pasivos: suma do valor total dos pasivos
identificados nos expedientes xerados polo envío de, cando menos, un
formulario iniciador.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse
datos a nivel nacional, por comunidades autónomas, por provincias e
por municipios.
4.Organismos de aplicación:
- Órganos xudiciais.
- Avogados e procuradores.
-
Administradores concursais.
- Debedores e acredores.
-
Asistentes xurídicos.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde o 02/01/2023.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade semanal.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico conforme a Normativa
Técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no
ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Dirección Xeral de Transformación Dixital da Administración de
Xustiza (DXTDAX).