Inscripciones en libros
Este documento amosa os movementos de asentos de Rexistro Civil en materiade cambios na nacionalidade (adquisiciónda nacionalidade española, conservación e perda), todo isto relacionado cosperfís das persoas que realizan asentos. Ofrece unha perspectiva da evolución dos feitos e actos de Rexistro Civil e das persoas que acceden a el.
Os resultados amosados corresponden ás inscricións inscritas en
libros físicos de follas móbiles mediante o sistema INFOREG segundo o
modelo rexistral da Lei do Rexistro Civil de 1957. Desde a completa
implantación do modelo rexistral segundo a Lei 20/2011, non se
realizará ningunha inscrición máis sobre libro físico.
Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida
Generar informe a medida
1.Temática:
Rexistros civís.
2.Indicadores:
- Anotacións de nacementos: anotacións de nacemento en Libros
físicos do Rexistro Civil para o período indicado.
- Anotacións
de falecementos: anotacións de falecemento en Libros físicos do
Rexistro Civil para o período indicado.
- Anotacións de persoas
que adquiren nacionalidade española: anotacións de adquisición de
nacionalidade española en Libros físicos do Rexistro Civil para o
período indicado.
- Anotacións de matrimonio: anotacións de
matrimonio en Libros físicos do Rexistro Civil para o período
indicado.
- Data: tómase comoreferencia a data de inscrición do asento.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional.
Publícanse datos a nivel nacional, por CCAA, provincias e municipios.
4.Organismos de aplicación:
Rexistros civís.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde o 02/01/2019.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade diaria.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a
Normativa Técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas
informáticas no ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Os datos obtéñense de Inforeg.