Violencia sobre a muller
A información reflicte varios aspectos: como estes asuntos teñen presenza nos órganos xudiciais; actos procesuais tan relevantes como as cualificacións que formula o Ministerio Fiscal e as sentenzas que se pronuncian; as medidas cautelares que se acordan nos procedementos xudiciais; as penas que se impoñen nas sentenzas condenatorias; a natureza das infraccións penais que son obxecto dos procedementos; e, finalmente, como estes asuntos están presentes nas dilixencias de investigación do Ministerio Fiscal.
Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida
Generar informe a medida
1.Temática:
Información sectorial.
2.Indicadores:
- Procedementos incoados: dentro dos tipos de procedementos
distínguese entre aqueles que albergan unha fase de investigación e
aqueloutros que acollen a de axuizamento.
-
Cualificacións/Sentenzas: infórmase sobre as cualificacións que
formula o Ministerio Fiscal nos procedementos e sobre as sentenzas que
se pronuncian. Dentro das sentenzas que se pronunciaron diferénciase
entre absolutorias e condenatorias, e nestas segundas exponse se se
chegou a elas por conformidade ou non.
- Retiradas de acusación:
recóllense aquelas levadas a cabo polo Ministerio Fiscal respecto das
cualificacións por el formuladas. Distínguese se a retirada trae causa
no feito de que a vítima exercera o seu dereito a non declarar ou se
se fundou noutra causa distinta.
- Medidas cautelares: recóllense
as medidas cautelares que, respecto á persoa que é obxecto do
procedemento como investigada ou encausada, se adoptan durante a
tramitación dos procedementos e ata que se pronuncie sentenza.
-
Execución de sentenzas: constan as penas fundamentalmente impostas nas
sentenzas condenatorias pronunciadas.
- Natureza da infracción
penal: as infraccións cometidas agrúpanse arredor de delitos
concretos. Dentro de cada un deles pódese observar como están
presentes nas cualificacións que formula o Ministerio Fiscal e mais
nas sentenzas que se profiren; nestas, á súa vez, distínguese entre as
sentenzas condenatorias por conformidade ou sen conformidade.
-
Dilixencias de investigación: emítese informe nos procedementos penais
de carácter preprocesual postos á disposición da Fiscalía para
facilitar o seu labor de promoción da Xustiza e cuxa finalidade é
esclarecer os feitos que constitúen o seu obxecto, practicando cantas
actuacións sexan necesarias para o efecto, sempre que non estean
reservadas á autoridade xudicial.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse
datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.
4.Organismos de aplicación:
Fiscalía.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde 2018.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade anual.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a normativa
técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no
ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Os datos obtéñense da Fiscalía Xeral do Estado.