Xuíces en activo
A partir do Sistema integradode xestión de órganos e carreira xudicial elaborouse o presente estudodemográfico da carreira xudicial desde abril de 2009. O maior detalle do estudo centrousenos/as xuíces/xuízas e maxistrados/as en situación de servizo activo nacarreira xudicial, definidos/as no artigo 349 da LOPX, que establece:
1. Os xuíces e maxistrados estarán ensituación de servizo activo cando ocupen praza correspondente á carreiraxudicial, cando se encontren adscritos provisoriamente, cando fosen nomeadosxuíces adxuntos ou cando lles fose conferida comisión de servizo de caráctertemporal.
2. Cando se produza a supresión ou reconversión con cambiode orde xurisdicional dunha praza da que sexa titular un xuíz ou maxistrado,este quedará á disposición do presidente do Tribunal Superior de Xustiza, nostermos establecidos no artigo 118.2 e 3.
Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida
Generar informe a medida
1.Temática:
Análise socioeconómica.
2.Indicadores:
Ingresos na carrera xudicial:
- Ingresos: número total de xuíces/ízas, maxistrados/as e
maxistrados/as do Supremo ingresados/as na carreira xudicial.
-
Idade media: media de idade de xuíces/ízas, maxistrados/as e
maxistrados/as do Supremo dos/as ingresados/as na carreira
xudicial.
Nota: o calendario está vinculado á data de ingreso.
Xuíces e xuízas en actibo:
- Activos: número total de xuíces/ízas maxistrados/as e
maxistrados/as do Supremo con situación de servizo activo, ou sexa,
con situación en que ocupan praza correspondente á carreira xudicial,
en que se encontran adscritos/as provisionalmente, en que foran
nomeados/as xuíces/ízas adxuntos/as ou en que lles fora conferida
comisión de servizo de carácter temporal.
- Idade media: media
de idade de xuíces/ízas maxistrados/as e maxistrados/as do Supremo con
situación de servizo activo.
- Antigüidade media: media de
antigüidade na carreira fiscal de xuíces/as, maxistrados/as e
maxistrados/as do Supremo con situación de servizo activa.
Saídas da carreira xudicial:
- Saídas: número total de xuíces/ízas, maxistrados/as e
maxistrados/as do Supremo en situación de baixa permanente, sexa por
xubilación, falecemento, renuncia ou separación da carreira.
-
Idade media: media de idade de xuíces/ízas, maxistrados/as e
maxistrados/as do Supremo en situación de baixa permanente.
-
Antigüidade media: media de antigüidade de xuíces/ízas, maxistrados/as
e maxistrados/as do Supremo en situación de baixa permanente.
Nota: o calendario está vinculado á data de cesamento.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional.
Publícanse datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.
4.Organismos de aplicación:
Órganos xudiciais.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter anual:
- Ingresos na carreira
xudicial: 2009 - 2023.
- Xuíces e xuízas en activo: 2010 -
2024.
- Saídas da carreira xudicial: 2011 - 2023.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade anual.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a
Normativa Técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas
informáticas no ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Os datos obtéñense dos boletíns do Consello Xeral do Poder
Xudicial (CXPX).