¿Que é a Xustiza Orientada ao Dato?
¿Qué é a Xustiza orientada ao Dato?
Unha das principais prioridades da Unión Europea para o período
2019-2024 é a denominada “Estratexia europea de datos” como motor de
innovación e crecemento.
No mesmo sentido, existe unha estratexia estatal que persegue tanto o deseño de marcos de referencia en materia de xestión de datos coma a definición de estándares para a análise de datos para as administracións nun sistema multinivel. O obxectivo primordial é dispoñer de información para a toma de decisións e a execución de políticas públicas baseadas en datos e evidencias.
No eido da Xustiza, Xustiza baseada en datos preséntase como proxecto prioritario para a Administración de xustiza, no marco da cogobernanza. Foi acordado no marco da Conferencia Sectorial e abórdase desde un punto de vista técnico no Comité Técnico Estatal da Administración Xudicial Electrónica (CTEAXE).
Este proxecto, enmarcado dentro da folla de ruta do Plan Xustiza 2030/PRTR, ten como obxectivo crear entre todas as administracións con competencias –o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), a Fiscalía Xeral do Estado (FXE), órganos interadministrativos coma a Comisión Nacional de Estatística Judicial (CNEX) e outros ministerios– unha plataforma interadministrativa de datos con acceso aberto a través da cal se integren os distintos sistemas de información cuantitativa desagregada e xeorreferenciada, tanto das administracións prestacionais de xustiza coma doutras administracións cuxos datos faciliten a adopción de decisións de xestión.
Unha Xustiza baseada en datos implica:
- Integración conxunta de información en plataforma común aberta.
- Definición e perfeccionamento conxunto de indicadores.
- Explotación da información.
- Transparencia, publicidade, comunicación e formación, a través de distintas canles.
- Iniciativas de cumprimento e fomento normativo para unha estratexia baseada en datos.
A arquitectura baséase en tres elementos:
1. Lago de datos (data warehouse)
É un modelo de colaboración entre administracións e organismos
para transferir e obter datos nun ambiente de colaboración e
corresponsabilidade.
2. Cadro de mandos (explotación estatística)
Trátase dun sistema de cadros de mandos e explotación da
información, con visualizacións e formatos tabulares que permitan a
toma de decisións de política pública baseadas na evidencia.
3. Explotación da información xeorreferenciada
A través dun módulo de información xeorreferenciada que permite
facer visualizacións avanzadas desta. O sistema de información cobre
todo o territorio, ata o nivel de municipio, e tamén se pode estudar a
posibilidade de realizar operacións avanzadas.