Criminalidade informática
A información xira fundamentalmente arredor dos delitos que
caracterizan esta materia. Dentro de cada un contémplase a súa
presenza en dous actos procesuais significativos, como son as
cualificacións que formula o Ministerio Fiscal e mais as sentenzas
condenatorias que se pronuncian. Igualmente, infórmase acerca da súa
presenza nas dilixencias de investigación do Ministerio Fiscal.
Tamén se presenta una información compendiada acerca das dilixencias
de investigación cuxo obxecto son estes delitos, das sentenzas que por
mor deles se pronuncian e das persoas implicadas nestes procedementos.
Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida
Generar informe a medida
1.Temática:
Información sectorial.
2.Indicadores:
- Cualificacións por delito: a información xira fundamentalmente
arredor dos delitos que caracterizan esta materia. Dentro de cada un
contémplase a súa presenza en dous actos procesuais significativos,
como son as cualificacións que formula o Ministerio Fiscal e as
sentenzas condenatorias que se pronuncian. Igualmente, infórmase
acerca da súa presenza nas dilixencias de investigación do Ministerio
Fiscal.
- Dilixencias de investigación incoadas: tendo como
referencia este tipo de delincuencia, exponse a súa xestión a través
de tres fitos relevantes: as que se incoan, as que se arquivan e
aquelas que dan lugar a que o Ministerio Fiscal presente denuncia ou
querela.
- Sentenzas: reflíctese este tipo de delincuencia nas
sentenzas proferidas, distinguindo entre absolutorias e condenatorias,
e nestas, entre aquelas ás que se chegou por conformidade do acusado e
aqueloutras nas que tal feito non sucedeu.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse
datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.
4.Organismos de aplicación:
Fiscalía.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde 2018.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade anual.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a normativa
técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no
ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Os datos obtéñense da Fiscalía Xeral do Estado.