Este cadro de mandos foi deseñado para ofrecer unha visión dos expedientes cargados na ferramenta PIMASC (Punto de Interoperabilidade dos MASC) no marco dos medios adecuados de solución de controversias (MASC), de conformidade coa Lei 1/2025.

Móstrase información actualizada do número de intentos de negociación usando os MASC en estado finalizado na ferramenta PIMASC (os que non están finalizados non se mostran), número de sesións e tipo de acordo acadado, así como a súa localización xeográfica, tipo de MASC e profesionais.

Os datos son tan só unha mostra do total de intentos de solución de controversias extraxudiciais, xa que a aplicación da que procede a información (PIMASC) non é de uso obrigatorio e, polo tanto, non todos os intentos de negociación usando os MASC que se puideron realizar están informados na ferramenta.

Podes estudar os datos asociados a este panel e xerar un ficheiro de datos personalizado.

Xerar informe personalizado

1.Temática
Información sectorial.

2.Indicadors
- Sesións: número total de sesións dentro do conflito que se está informando no PIMASC.
- Actuacións de negociación MASC: número total de intentos de negociación usando os MASC informados no PIMASC en estado finalizado.
- Tempo medio das sesións: resultado de dividir a suma acumulativa da duración de todas as sesións realizadas entre as sesións.

3.Ámbito xeográfico
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.

4.Organismos de aplicación
Calquera persoa física, persoa xurídica, institución dedicada aos MASC ou profesional que leve a cabo un intento de actividade negociadora usando os MASC.

5.Cobertura temporal
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde 2025.

6.Actualización de datos
Os datos actualízanse con periodicidade diaria, cun desfase de dous días.

7.Procesos de normalización
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a Normativa Técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no ámbito da Administración de xustiza).

8.Axuste
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición de series temporais nin métodos similares.

9.Fonte
MASC.

Esta páxina foi útil?

Díganos a súa satisfacción en función da súa experiencia navegando pola nosa páxina.