Rexistros de defuncións

Introdución

Este documento amosa os movementos de asentos de Rexistro Civil en materia de falecementos, todo isto relacionado cosperfís das persoas que realizan asentos. Ofrece unha perspectiva da evolución dos feitos e actos de Rexistro Civil e das persoas que acceden a el.

Os datos obtidos son de rexistros civís coa aplicación Inforeg. Existen rexistros civís non dixitalizados respecto dos cales non é posible a obtención de datos nin, en consecuencia, a súa incorporación a esta base de datos.

Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida

Generar informe a medida
Metodoloxía

1.Temática:
Rexistros civís.

2.Indicadores:
- Anotacións de nacementos: inscricións por data de nacemento.
- Anotacións de falecementos: inscricións de defuncións por data de feito e data de asento.
- Anotacións de persoas que adquiren nacionalidade española: inscricións por data de concesión da nacionalidade española.
- Anotacións de matrimonio: inscricións principais por data de matrimonio. Rexístrase unha soa inscrición con dous cónxuxes.
- Data: tómase comoreferencia a data de inscrición do asento.

3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional. Publícanse datos a nivel nacional, por CCAA, provincias e municipios.

4.Organismos de aplicación:
Rexistros civís.

5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde o 02/01/2019.

6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade diaria.

7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a Normativa Técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas informáticas no ámbito da Administración de xustiza).

8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición de series temporais nin métodos similares.

9.Fonte:
Os datos obtéñense de Inforeg.

Indicadores temáticos
Esta páxina foi útil?

Díganos a súa satisfacción en función da súa experiencia navegando pola nosa páxina.