II. Carreira xudicial
1.Temática:
Análise socioeconómica.
2.Indicadores:
- En activo: número total de xuíces/ízas, de maxistrados/as e
de maxistrados/as do Supremo, con situación de servizo activa (ou
sexa, cando ocupen praza correspondente á carreira xudicial, cando se
encontren adscritos/as provisionalmente, cando foran nomeados/as
xuíces/ízas adxuntos/as ou cando lles fora conferida comisión de
servizo de carácter temporal).
- Idade media: media de idade de
xuíces/ízas, de maxistrados/as e de maxistrados/as do Supremo, con
situación de servizo activa.
- Mulleres: número total de xuízas,
de maxistradas e de maxistradas do Supremo, con situación de servizo
activa (ou sexa, cando ocupen praza correspondente á carreira
xudicial, cando se encontren adscritas provisionalmente, cando foran
nomeadas xuízas adxuntas ou cando lles fora conferida comisión de
servizo de carácter temporal).
- Idade media mulleres: media de
idade de xuízas, de maxistradas e de maxistradas do Supremo, con
situación de servizo activa.
- Homes: número total de xuíces, de
maxistrados e de maxistrados do Supremo, con situación de servizo
activa (ou sexa, cando ocupen praza correspondente á carreira
xudicial, cando se encontren adscritos provisionalmente, cando foran
nomeados xuíces adxuntos ou cando lles fora conferida comisión de
servizo de carácter temporal).
- Idade media homes: media de
idade de xuíces, de maxistrados e de maxistrados do Supremo, con
situación de servizo activa.
- Antigüidade media: media de
antigüidade na carreira xudicial de xuíces/ízas, de maxistrados/as e
de maxistrados/as do Supremo, con situación de servizo activa.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional.
Publícanse datos a nivel nacional, por CCAA e provincias.
4.Organismos de aplicación:
Órganos Xudiciais.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter anual, con datos dispoñibles desde 2019.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade anual.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización das unidades funcionais e do dato
xeográfico conforme a Normativa Técnica do CTEAXE (norma de referencia
das ferramentas informáticas no ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).