Inscricións por adquisición de nacionalidade
Este documento amosa os movementos de asentos de Rexistro Civil en materiade cambios na nacionalidade (adquisiciónda nacionalidade española, conservación e perda), todo isto relacionado cosperfís das persoas que realizan asentos. Ofrece unha perspectiva da evolución dos feitos e actos de Rexistro Civil e das persoas que acceden a el.
Os datos obtidos son de rexistros civís coa aplicación Inforeg. Existen rexistros civís non dixitalizados respecto dos cales non é posible a obtención de datos nin, en consecuencia, a súa incorporación a esta base de datos.
Puedes estudiar los datos asociados a este cuadro de mando y generar un fichero de datos a medida
Generar informe a medida
1.Temática:
Rexistros civís.
2.Indicadores:
- Anotacións de nacementos: inscricións por data de
nacemento.
- Anotacións de falecementos: inscricións de
defuncións por data de feito e data de asento.
- Anotacións de
persoas que adquiren nacionalidade española: inscricións por data de
concesión da nacionalidade española.
- Anotacións de matrimonio:
inscricións principais por data de matrimonio. Rexístrase unha soa
inscrición con dous cónxuxes.
- Data: tómase comoreferencia a
data de inscrición do asento.
3.Ámbito xeográfico:
A información cobre o conxunto do territorio nacional.
Publícanse datos a nivel nacional, por CCAA, provincias e municipios.
4.Organismos de aplicación:
Rexistros civís.
5.Cobertura temporal:
Información con carácter diario, con datos dispoñibles desde o 02/01/2019.
6.Actualización de datos:
Os datos actualízanse con periodicidade diaria.
7.Procesos de normalización:
Procédese á normalización do dato xeográfico consonte a
Normativa Técnica do CTEAXE (norma de referencia das ferramentas
informáticas no ámbito da Administración de xustiza).
8.Axuste:
Non se realiza ningún tipo de axuste estacional, descomposición
de series temporais nin métodos similares.
9.Fonte:
Os datos obtéñense de Inforeg.