Rexistro Central de Penados e Rebeldes
Rexistro Central de Penados e Rebeldes
Amósanse os datos relativos ao número de asuntos e de persoas condenadas que constan no Rexistro Central de Penados e Rebeldes, que é aquel rexistro do Sistema de rexistros administrativos de apoio á Administración de xustiza que ten por obxecto a inscrición das sentenzas firmes que ditan os órganos xudiciais da orde xurisdicional penal por comisión de delitos nas que se impoñen penas ou medidas de seguridade.
*Nestes momentos aínda non se mostran no portal os datos do Rexistro Central de Penados e Rebeldes que corresponden á parte de rebeldes; só aqueles que corresponden á parte de penados.
*O número de sentenzas condenatorias e mais o número de persoas
condenadas é distinto, xa que unha persoa condenada pódeo ser en
varias sentenzas por distintos feitos, pero só accede unha vez como
persoa condenada, coas distintas penas impostas. E tamén é moi común
que unha soa sentenza condene varias persoas. Por estes motivos, as
cifras non van coincidir.