Rexistros civís
Rexistros Civís
Mediante este portal accédese aos datos sobre os movementos de
asentos de Rexistro Civil en materia de nacemento, matrimonio,
falecementos e cambios na nacionalidade (adquisición da nacionalidade
española, conservación e perda), todo isto relacionado cos perfís das
persoas que realizan asentos. Ofrece unha perspectiva da evolución
dos feitos e actos de Rexistro Civil e das persoas que acceden ao
mesmo.
Os datos obtidos son de rexistros civís coa aplicación
Inforeg. Existen rexistros civís non dixitalizados respecto dos cales
non é posible a obtención de datos e, daquela, a incorporación a esta
base de datos.
Anotacións realizadas nas oficinas do Rexistro Civil